CRTVG

Buscar

Un ferido no segundo acoitelamento en 48 horas no centro da cidade de Glasgow

Publicado o 28/06/2020 18:26
Un ferido no segundo acoitelamento en 48 horas no centro da cidade de Glasgow

Un home resultou ferido no segundo acoitelamento rexistrado nas últimas 48 horas na cidade escocesa de Glasgow. A Policía considera que se trata dun ataque dirixido que non suporía risco para o resto dos cidadáns.

O ataque cun coitelo produciuse nunha rúa próxima a un hotel do centro urbano. Os investigadores non cren que teña relación co suceso do venres, cando a Policía abateu a tiros un sudanés de 28 anos despois de que ferira seis persoas a coiteladas noutro hotel da cidade escocesa.