Un ferido grave no accidente dun tráiler en Vilamartín de Valdeorras
O accidente produciuse pasadas as 5:00 da mañá na estrada OU-536 á altura de Arcos, no concello de Vilarmartín de Valdeorras. Un tráiler cargado de lousa perdeu o control e bateu contra o muro dunha casa.
O condutor, que acababa de saír da nave en dirección a Santander, perdeu o control tras atoparse na calzada cun cable de teléfono descolgado que lle seccionou parte da cabina tractora. O vehículo levou por diante varias árbores e un peche antes de acabar incrustado no valado dunha vivenda.
Olga, propietaria dunha das leiras danadas, aínda non conseguiu tranquilizarse. Segundo relata, de madrugada escoitaron un enorme estrondo que "ata tremeu a casa". A súa filla, que baixou para comprobar o sucedido, topou o condutor pedindo socorro.
Dentro da cabina, quedara atrapada unha persoa que foi trasladada en estado moi grave a un centro hospitalario. O home segue ingresado pero non se teme pola súa vida. O condutor atópase ben.