Un ferido grave e tres leves nunha colisión entre dous vehículos na A-55, en Mos
Publicado o 04/09/2021 20:12
Un aparatoso accidente rexistrado ás dúas da tarde na A-55, á altura de Mos, deixou catro persoas feridas, unha delas de gravidade.
Foi unha colisión por alcance entre un turismo e unha camioneta de traballo na que viaxaban catro persoas.
Segundo informan desde Protección Civil de Mos, o coche golpeou a furgoneta, que envorcou e foi bater contra o muro de contención. O accidente provocou importantes retencións na vía. O ferido grave é un dos ocupantes da camioneta. Ata o lugar desprazáronse servizos sanitarios, axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil de Mos.