CRTVG

Buscar

Un fallo eléctrico estraga 5.000 vacinas no norte de Portugal

Publicado o 22/04/2021 15:18

Na vila portuguesa de Famalicão, preto da fronteira, un fallo eléctrico estragou 5.000 vacinas. Nunha situación onde cada dose conta, as autoridades do concello non se explican como puido acontecer algo así.

O accidente non vén libre de polémica porque nun principio comunicouse que se trataba dunha cifra moi inferior e que eran vacinas de AstraZeneca, pero ao pouco tempo transcendeu que eran 5.000 e que tamén se estragaran doses de Pfizer. De madrugada neste complexo de vacinación marchou a luz e quedaron os refrixeradores sen enerxía, o que provocou a perda desas vacinas. Iso si, o responsable de Sanidade desta área di que ninguén dos citados quedará sen vacina.

Tamén se comezou en Portugal a utilizar Janssen, nunha xornada onde só se rexistrou un falecido por covid-19. 

 

Noticias web

22/04/2021