CRTVG

Buscar

Un falecido en Padrenda cando rozaba o monte cunha máquina

Publicado o 24/10/2020 17:59

Un home faleceu no municipio ourensán de Padrenda cando rozaba o monte cunha máquina.
Segundo o 112 o falecido estaba traballando xunto a outra persoa, ao parecer un irmán seu, cando a ferramenta colleu unha peza de ferro que saíu disparada e o alcanzou na cabeza, causándolle unha ferida mortal. Foi o acompañante da vítima quen deu a voz de alarma pasadas as dez da mañá. Ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado. Malia os esforzos, os servizos médicos nada pudieron facer por salvarlle a vida. Interviñeron tamén a Garda Civil e GES de Ribadavia.










 

Noticias web

24/10/2020