CRTVG

Buscar

Un falecemento eleva o número total de vítimas pola pandemia a 2.410 en Galicia

Publicado o 20/05/2021 20:20
Un falecemento eleva o número total de vítimas pola pandemia a 2.410 en Galicia

O Servizo Galego de Saúde notificou o falecemento dunha persoa que fora diagnosticada con coronavirus. Con ela, o número total de decesos por mor do virus ascende a 2.410 desde o comezo da pandemia en Galicia.

A falecida era unha muller de 91 anos, que perdía a vida no CHOP e, segundo informa Saúde Pública, padecía patoloxías previas.