CRTVG

Buscar

Un falecemento pola covid−19 eleva a cifra total a 2.371

Publicado o 14/04/2021 20:04
Un falecemento pola covid−19 eleva a cifra total a 2.371

O Sergas notificou o falecemento dunha muller de 78 anos que fora diagnosticada de coronavirus. Con ela, xa son 2.371 as persoas falecidas en Galicia dende o comezo da pandemia.

A paciente faleceu na xornada de onte no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Segundo informa Sanidade, a muller presentaba patoloxías previas.