CRTVG

Buscar

Un experimento xaponés mostran como flúen do aerosois

Publicado o 24/02/2021 14:02

As persoas asintomáticas pero infectadas tamén poden transmitir a covid-19 a través dos aerosois exhalados ao respirar.

Científicos xaponeses comprobaron cun experimento cómo flúen e se expanden eses aerosois. Para reproducir e comprobar como se comportan os aerosois, os científicos xaponeses utilizaron fume producido por cigarros electrónicos e unha luz láser, ao tempo que dúas persoas conversaban en distintas posturas simulando actividade dun salón de peiteado.

O experimento revelou distintos comportamentos na difusión dos aerosois dependendo da posición do corpo e se usamos máscara ou non.

"Eliminamos aerosois simplemente respirando, ao respirar, a cantidade é menor que se falamos, ou berramos, ou cantamos, pero estamos sempre eliminando eses aerosois e, se a máscara non está ben axustada, eses aerosois van saír polo bordos".

En posición erguida, eses aerosois flúen cara a arriba adheríndose ao noso corpo, que está máis quente que o aire circundante, pero se nos inclinamos tende a desprenderse e moverse cara a abaixo por efecto da gravidade.

"É fundamental sobre todo nesta época de inverno en que estamos nos lugares pechados, porque na época de verán iso ten menos importancia, porque estamos menos tempo en interiores".

Os investigadores comprobaron tamén que o uso combinado de máscara e protección facial reduce o risco de contaxio por aerosois.

Noticias web

24/02/2021