CRTVG

Buscar

Un exemplar de vaca rubia galega bate o récord no matadoiro polo seu peso e dimensións

Publicado o 12/03/2021 14:56

Rubia é unha vaca única no mundo. Procedía dunha casa de labranza de Cerceda e as súas dimensións marcaron a diferenza con respecto ao resto de reses da súa especie.

Pesaba 884 quilos e a súa chegada ao matadeiro deixou sorprendidos os propietarios que aseguran que este exemplar instaurou un novo récord. Nunca se atoparan cun animal con estas características. 

O segredo detrás desta exemplar tan extraordinario está nos coidados que lle deron os seus donos durante 9 anos. A calidade e o tamaño que presentaba este animal é case imposible de ver.

Nas próximas horas a carne desta impoñente rubia galega será enviada a un mercado de Madrid para poñela ao alcance daqueles que queiran desfrutan dunha carne excepcional. 

 

Noticias web

12/03/2021