CRTVG

Buscar

Un estudo revela a efectividade das vacinas fronte á infección, hospitalización e defuncións

Publicado o 24/06/2021 14:51

A efectividade das vacinas de ARN mensaxeiro entre os residentes dos centros de maiores foi o eixe dun estudo realizado polo Instituto de Saúde Carlos III e o Ministerio de Sanidade e os resultados son alentadores.

"A protección fronte á infección por covid nas residencias é do 71 %. É moito maior para previr a enfermidade grave e ten unha efectividade do 88 % para previr a hospitalización e dun 97 % para previr a defunción neste grupo de persoas", sinala Amparo Larrauri, epidemióloga participante no estudo.

A vacina é, din, a mellor medida de control da epidemia, especialmente en grupos tan vulnerables como os maiores, por iso foron os primeiros en vacinarse. Agardaron con ansia a vacinación e agora, tras meses coa pauta completa, din sentirse aliviados.

Tras a vacina chegou a súa particular desescalada, as saídas e as visitas, unha única quenda para o comedor e as actividades en grupo.

Noticias web

24/06/2021