CRTVG

Buscar

Un estudo británico conclúe que o 30 % dos falecidos por coronavirus eran diabéticos

Publicado o 22/09/2021 17:06

Padecer diabetes é un factor de risco ante a covid−19, así o confirma un estudo realizado no Reino Unido.

Rocío Villar Taibo é médica especialista en Endocrinoloxía e Nutrición do CHUS: "Un estudo moi interesante; analizáronse máis de 23.000 falecementos hospitalarios por covid−19 e concluíuse que o 30% dos pacientes falecidos tiñan diabetes".

A explicación vén de que existe unha relación entre a diabetes e o coronavirus no empeoramento das condicións do paciente.

Rocío Villar Taibo: "A idade avanzada que fai máis frecuente a aparición da diabetes ou outras patoloxías como a obesidade, enfermidade cardiovascular e todo iso, fai que o paciente sexa máis complexo e o risco de mortalidade da covid−19 aumente. Pero incluso de forma independente a diabetes pode ser un factor causante de mortalidade polas propias alteracións inmunolóxicas e de resposta inflamatoria que ten".

A enfermidade afecta o 14 % da poboación española e a metade deses pacientes non o saben, por iso os médicos chaman a atención sobre a importancia do control das enfermidades crónicas que se deixou de lado en moitos casos pola pandemia. Recordan tamén que a forma de previr a diabetes e as enfermidades cardiovasculares é seguir uns hábitos de vida saudables.

Noticias web

22/09/2021