CRTVG

Buscar

Un estudo do CHUVI, seleccionado para un congreso nos Estados Unidos

Publicado o 01/09/2020 14:48

A cistinuria é unha enfermidade metabólica conxénita causada polo exceso de aminoácido, a cistina, nos ouriños. Favorece a formación de cristais que adoitan producir moita dor.

Carmen lidera, xunto a catro técnicos do laboratorio do Meixoeiro de Vigo, un estudo de análises clínicas do CHUVI que revela a importancia dos sedimentos para detectar e diagnosticar este enfermidade xenética. Unha proba sinxela, rápida e económica.

Precisamente isto foi o que espertou o interese do numeroso grupo de científicos dos Estados Unidos que quixeron seleccionalo para o seu congreso anual de patoloxía médica.

Un estudo que engade valor á proba dos sedimentos nos ouriños pola información que achega a nivel renal permitindo mellorar a vida destes enfermos crónicos.

Noticias web

01/09/2020