CRTVG

Buscar

Un estudo da OCU sinala o aeroporto Rosalía de Castro como o mellor valorado de España

Publicado o 10/03/2021 21:33

En plena crise sociosanitaria con importantes restricións turísticas e de reducións de voos, o resultado deste realizado pola OCU sinala que o aeroporto Rosalía de Castro-A Lavacolla é o mellor valorado de España.

Os usuarios e pasaxeiros puntuaron con cinco estrelas, de cinco posibles, as instalacións da terminal aeroportuaria compostelá. Valoraron entre outras cousas, a accesibilidade, a oferta de lecer e de restauración, a mobilidade interna da terminal ou os controis de seguridade.

A OCU tivo en conta a opinión de once mil pasaxeiros de diferentes países para realizar unha listaxe de 178 aeroportos de todo o mundo. Así, a nivel mundial, o aeroporto do Porto aparece como o terceiro mellor valorado. No número un do mundo sitúase o de Singapur.

 

Noticias web

10/03/2021