CRTVG

Buscar

Un estudo conclúe que debe permitirse o exercicio no exterior aínda que haxa un novo confinamento

Publicado o 23/11/2020 14:30

O encerro nas casas reduciu a práctica de deporte e provocou alteracións no sono e na alimentación

É moi probable que, ao lembrar o confinamento estrito vivido entre marzo e maio, moitos nos recoñezamos en síntomas comúns, descritos no estudo liderado polo profesor de Educación Física da Universidade de Vigo Carlos Ayán:

- Alteracións do sono: "Durmimos menos e mal". De feito, este estudo constata que a porcentaxe de persoas con problemas de sono pasou do 63,4 ao 75,2 %.

- Peores hábitos alimentarios: "Atracóns, comida compulsiva, dieta pouco equilibrada...". De media, a poboación engordou, como mínimo, un quilo.

- Efectos psicolóxicos: "A sensación de sentirse a gusto diminuíu".

- Redución do exercicio físico: a porcentaxe de persoas inactivas aumentou do 13,8 ao 26,6 %.

Precisamente a diminución da actividade física está detrás de boa parte das consecuencias negativas do encerro nas casas. Así o demostran os resultados da enquisa realizada durante o confinamento e impulsada por Ayán.

Quen máis o acusou foron os que tiñan hábitos saudables: "As persoas que eran activas fisicamente e comían ben foron as máis prexudicadas", explica, por iso cre que, de haber un novo confinamento duro, sería conveniente que a actividade física no exterior non se prohibise de novo.

Esa é a recomendación dos expertos en educación física, porque o exercicio no exterior alivia as tensións e axuda a levar mellor os efectos negativos desta situación.

Noticias web

23/11/2020