Piden sensibilización e renovar a normativa para frear os accidentes de tractor
Os accidentes de tractor ocasionan ao ano unha media de vinte mortes en Galicia e a cifra vai en aumento. Estivemos coa responsable do primeiro estudo autónomo que afonda nas causas e factores deste problema co obxecto de previlo.
Natalia ten 19 anos e hai dous publicou un estudo sobre a prevención de riscos agrarios na costa da morte centrado nos accidentes de tractor. Di que detrás hai un rural que esmorece e unha normativa que precisa unha revisión.
Subliña que é preciso que todos os tractores, vellos ou non, leven unha estrutura de protección e estean a punto pero reclama axudas para que o investimento necesario non prexudique os gandeiros. Natalia reclama ademais campañas de sensibilización e pídelles aos usuarios que se conciencien do risco.
Ao ano morren en Galicia arredor de vinte persoas en accidentes de tractor. A maioría dos sinistros prodúcense ao envorcar o vehículo e a maioría dos mortos superan os 65 anos. Boa parte do tractores teñen máis de tres décadas, carecen de dispositivos de seguridade e a penas se someten a revisións.