CRTVG

Buscar

Unha fuga nun depósito xera unha nube de gas tóxico no polígono lugués do Ceao

Publicado o 18/06/2019 19:28

Unha fuga nun depósito de ácido dunha empresa láctea do polígono industrial do Ceao, en Lugo, orixinou unha nube de gas tóxico. Dada a perigosidade do escape, foron mobilizados os bombeiros e múltiples efectivos da Policía Local e da Policía Nacional. Tamén acudiron os servizos sanitarios, aínda que non foi preciso evacuar ningunha persoa intoxicada polo gas.

O incidente paralizou a actividade na planta afectada, que pertence ao Grupo Río. Tamén afectou o tráfico rodado, xa que os axentes tiveron que cortar unha rúa do polígono lugués. 

Noticias web

18/06/2019