Un escape de gas provoca unha forte explosión con dous bombeiros mortos e decenas de feridos en París
Publicado o 12/01/2019 14:04
O ministro francés de interior, Christophe Castaner, informou que as persoas mortas son dous bombeiros, e que outras oito están en estado moi crítico.
Foron máis de 30 feridos na explosión que se producíu na madrugada deste domingo nunha panadería do centro de París, na rúa Trévise. Este número podería ser moito maior, xa que están evacuando os feridos en situación crítica e aínda están actuando na zona máis de 200 bombeiros e un cento de policías no lugar da detonación, moi próxima a lugares moi concorridos, como o Museo de Cera e o teatro Follies Bèrgeres.