CRTVG

Buscar

Un escaparate de Sarria bota man do humor para denunciar a suba do prezo da luz

Publicado o 17/09/2021 14:20

O Museo Etnográfico do Pan, impulsado por unha panadería de Sarria, conta con milleiros de pezas antigas. Co fin de denunciar con humor a disparatada suba do prezo da luz, botou man dalgunhas delas para propoñer volver a facer uso daqueles aparellos de antano que non precisaban a electricidade. É o caso do candil, do muíño manual para o café, da estufa de leña, do estropallo de esparto ou do ferro de pasar que se empregaban noutros tempos.

Na propia panadería perciben un incremento dos custos debido á suba da luz. Malia teren forno de leña, o recibo disparóuselles, ao igual que o prezo de materias primas como a fariña, os ovos ou o leite. A semana vindeira prevese que o prezo da fariña se incremente entre catro e cinco céntimos debido á suba da luz, pero polo momento seguirán traballando a masa cunha amasadora que funciona como "antes", entre aspas. É dicir, con electricidade.

Noticias web

17/09/2021