CRTVG

Buscar

Un erro no exame de filosofía obrigou os estudantes de Galicia a prolongar as probas da ABAU

Publicado o 14/06/2019 20:31

Un erro no exame de filosofía obrigou os estudantes de Galicia a prolongar as probas da ABAU ata a tarde deste venres. Foron os alumnos os que se decataron de que os exercicios non cumprían cos criterios establecidos. 

Os estudantes galegos tiveron unha tarde extra na ABAU deste ano. O exame da mañá de Filosofía tivo que ser suspendido por un erro. O motivo: ningún dos exercizos, nin o titular nin os de reserva, cumpría cos criterios establecidos na proba. Foron os propios alumnos os que se decataron do fallo.

O erro provocou enfado coa organización da proba que decidiu pospoñer o exame. A hora definitiva foi as catro da tarde. O enfado trasladouse tamén ás redes sociais onde moitos dos afectados amosaron o seu malestar.