CRTVG

Buscar

Un equipo de vacinación do Carballiño asiste 200 persoas no seus domicilios

Publicado o 15/04/2021 14:57

Melania prepara os viais, as xiringas e o resto do material. Hoxe toca vacinación a domicilio. O equipo do centro de saúde do Carballiño irá casa por casa para administrar a vacina contra a covid aos pacientes que non poden desprazarse.

O equipo leva consigo tamén o material necesario para asistir o paciente en caso de que poida sufrir unha reacción adversa nos primeiros minutos.

Con todo disposto, saen para cubrir a zona planificada para hoxe. En cada xornada de vacinación a domicilio poden dispensar entre 20 e 30 doses. Hoxe unha delas é para Celsa.

Só na zona do Carballiño viven máis de 200 pacientes que son candidatos para a vacinación a domicilio. A maior parte son maiores de 80, como Celsa, teñen un alto nivel de dificultade para saír da casa. Por iso, a inmunización vai directa ao seu fogar. 

 

 

Noticias web

15/04/2021