CRTVG

Buscar

Un equipo galego viaxa á Palma para rescatar con drons animais atrapados na lava

Publicado o 16/10/2021 15:18

Un equipo galego de especialistas en drons parte este domingo cara á Palma. Levan a tecnoloxía que adaptaron para tratar de rescatar os animais atrapados pola lava. Contactaron dende a illa con estes profesionais por seren pioneiros en emerxencias e transporte de cargas.

Na sede da empresa, en Lalín, aínda estaban dándolle este sábado os últimos retoques ao material que van levar á Palma, que inclúe entre outros un dron que levanta 23 quilos de peso e un sistema ideado ad hoc para poder recoller os cans illados no medio da lava.

O servizo de emerxencias das Canarias e a organización animalista Leales pedíronlles axuda porque son pioneiros en transporte de cargas e teñen unha traxectoria ampla en emerxencias.

Van para alá pero terán que esperar a que lles dean a autorización para actuar no momento oportuno.
Iberia facilítalles o traslado e Leales está recadando cartos para cubrir os gastos da operación. Jaime fai tamén un chamamento a quen queira axudar.


 

Noticias web

16/10/2021