CRTVG

Buscar

Un enxeñeiro municipal di que a seguridade no Marisquiño era competencia do Porto

Publicado o 31/01/2019 21:22

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo compareceu esta tarde na comisión do Parlamento que investiga o accidente do Marisquiño. Enrique López Veiga asegura que o Porto só dá a autorización para ocupar o espazo e que despois é o Concello o que dá a licenza para celebralo e, polo tanto, ten que comprobar que se cumpren as medidas de seguridade.

Hoxe tamén compareceu un funcionario municipal. Este asesor xurídico di que é de presupoñer que a Autoridade Portuaria comprobara na súa autorización que se cumprían todos os requisitos.

 

Noticias web

31/01/2019