CRTVG

Buscar

Un enxeñeiro galego supervisa a aterraxe do Perseverance en Marte

Publicado o 18/02/2021 14:17

Un enxeñeiro galego dirixirá as manobras de aterraxe do vehículo Perseverance na superficie de Marte prevista para as 9,55 desta noite.

Os obxectivos deste décima misión da NASA son buscar indicios dalgún tipo de vida pasada marciana e probar novas tecnoloxías para unha futura misión tripulada ao planeta vermello.

Desde a sala de control da misión Mars 2020, o enxeñeiro pontevedrés Fernando Abilleira, asegúrase que a configuración do vehículo Perseverance é a óptima para a súa aterraxe na superficie de Marte, onde chegará cinco minutos antes das dez desta noite.

"Estamos desexando que chegue ese momento histórico porque isto non é só un grande evento para a NASA, para os EUA, nesta nave imos todos, vai a humanidade".

O Perseverance amartizará nunha zona onde miles de millóns de anos antes houbo un río e un lago. O seu obxectivo: buscar indicios ou evidencias dunha pasada vida marciana.

"Sabenos que na Terra onde hai auga e unha fonte de enerxía como o Sol existe o potencial da vida. Os científicos están moi ilusionados de que este lugar sexa o idóneo para buscar esa evidencia".

As mostras recollidas polo Perseverance serán almacenadas na superficie marciana para que unha futura misión as recolla e as traia á Terra para ser analizadas.

Entre o equipamento que transporta hai unha estación meteorolóxica española.

Noticias web

18/02/2021