CRTVG

Buscar

O Ensino comeza a fase de grupos da Eurocup cun triunfo na pista do Namur belga 48-57

Publicado o 13/10/2021 20:33

• Lizarazu e Silva foron as máximas anotadoras das galegas

O Durán Maquinaria Ensino iniciou da mellor maneira posible a súa andaina na fase de grupos da Eurocup feminina ao vencer na pista do Namur belga (48-57).
Ortega só puido contar con sete xogadoras. Unha intensa defensa serviulle ao cadro lugués para mandar no partido e abrir a primeira brecha no marcador (8-17). Pero o cadro local reaccionou e o primeiro cuarto acabou con 14-17 para as lucenses.
A 2.45 para o final, o Durán Maquinaria Ensino púxose con 44-52 grazas a unha canastra de Van dean Adel que provocou un tempo morto das locais. De nada serviulle ao Namur, que asistiu aos mellores minutos do Ensino no tramo final, o que lle serviu para selar un cómodo triunfo (48-57)

 

 

Noticias web

13/10/2021