O Enocabaré anuncia as rutas dos viños galegos
Un espectáculo para promover as rutas do viño e un pasacalle con música e baile para chamar a atención dos paseantes e informalos das VIII Xornadas de Portas Abertas das rutas do viño que se van celebrar en xuño nas cinco denominacións de orixe en Galicia: Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras.
Empezan hoxe na Coruña e repetirán en Vigo, Pontevedra, Santiago e Ourense. Cantan, interpretan, fan catas e animan a facerse fotos con eles para subilas á Rede e participar no sorteo dunha pasaxe no autobús do viño ou unha xornada en calquera das rutas enolóxicas.
É o Enocabaré e anuncian que desde o vernes 7 ao domingo 9 de xuño se van celebrar as rutas dos viñso Rías Baixas e Ribeiro, e a fin de semana seguinte, do 14 ao 16, as de Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras. Cada unha no seu territorio e con distintas actividades encamiñadas a dar a coñecer o mundo do viño galego.
"O que se fai son actividades como os autobuses do viño, catas, comidas maridadas co viño, rutas teatralizadas. O que facemos hoxe é informar do que vai pasar".
Marida coa música, coa arte, marida co que lle queiras maridar".
Nas rutas haberá visitas guiadas a adegas e a museos e a posibilidade de coñecer lugares emblemáticas de cada unha das cinco comarcas vinícolas nas que se van celebrar.