CRTVG

Buscar

Un empresario coruñés doa de forma anónima 3.000 cestas de Nadal

Publicado o 21/12/2020 16:25

Estas ringleiras de xente que están a ver débense á doazón dun empresario da cidade que decidiu doar 3.000 cestas de Nadal a todos os coruñeses sen recursos para que este ano poidan gozar dunha festas sen que lles falte de nada.

Tras anunciar a data e o lugar de recollida, centos de persoas achegáronse ata a rúa Fernández-Latorre e agardaron durante horas para conseguir unha destas cestas. O repartimento continúa ao longo do día de hoxe e para recollela só hai que presentar o DNI e o certificado de empadroamento no municipio e, a cambio, poderá levar para a casa unha caixa cos produtos típicos destas datas. 

 

Noticias web

21/12/2020