CRTVG

Buscar

Bloquea a entrada dun colexio molesto cos atascos que se forman ás entradas e saídas

Publicado o 22/09/2021 14:56

Cada día fórmase un grande atasco diante do taller de Francisco cando toca deixar ou recoller os alumnos. Os atascos chegan ás veces ata A Ponte da Pasaxe. Dificulta o seu traballo, ao que chega con bastante atraso. E cústalle cartos. Recibe queixas dos provedores e perde clientes.

Esgotóuselle a paciencia e decidiu protestar pagando coa mesma moeda. Aparcou a súa furgoneta ás portas do centro escolar impedindo o paso do autobús escolar e bloqueando a circulación dos coches dos pais dos alumnos.

Formouse un bo atasco. Despois de media hora, retirou a furgoneta cando chegaron os axentes da Policía Local. O colexio emitiu un comunicado no que anuncia que van graduar en 10 minutos os horarios de saída para evitar aglomeracións, e negociaron coa empresa de transporte para ofertar un servizo só para o regreso dos alumnos á casa.




 

Noticias web

22/09/2021