Un elefante de ferro de dúas toneladas vixía o xardín dunha casa de Arcade
Publicado o 26/11/2020 20:47
O que comezou como unha estrutura para un desfile de Entroido acabou sendo a obra máis grande de Bernardo Seoane. Coas súas dúas tonladas de peso vixía parte do xardínn da casa deste artista en Arcade (Soutomaior).
Este xigante está pensado para que os máis cativos tamen desfruten del e podan trepar ao máis alto. Na súa casa garda unhas trescentas obras que foi ideando cos anos. Hai de todo, dende insectos e robots, ata máquinas absurdas como a máis cobizada no confinamento, a de repartir apertas. Polo momento, malia as ofertas que recibiu, non vende as súas obras, pero si convida os peregrinos que pasan por diante da súa casa a visitalas.