CRTVG

Buscar

Un dron sobrevoa o volcán Fagradalsfjall en erupción

Publicado o 23/03/2021 08:55

Un dron sobrevoou o volcán Fagradalsfjall en erupción  e gravou unhas imaxes soprendentes e realmente espectaculares.

É un volcán en erupción, captado a moi pouca distancia, incluso coa lava que sae do cráter saltando cara á cámara. É o volcán que acaba de facer erupción en Islandia, tras 800 anos durmido.

As imaxes están captadas cun dron, a poucos metros do río de lava. O piloto difundiunas nas redes sociais e correron coma a pólvora.

Noticias web

23/03/2021