Un domingo "perfecto" para gozar da neve no Cebreiro con sol e temperaturas suaves
Publicado o 10/01/2021 19:16
Galicia librou desta volta e quedou á márxe do percorrido da borrasca Filomena, pero a neve acumulada nas últimas semanas segue tinguindo de branco os cumios do país.
Na montaña luguesa, a paisaxe non deixa lugar a dúbidas. Xeou sobre o nevado e iso fai que lugares emblemáticos coma a aldea do Cebreiro sexan un atractivo en días solleiros coma o de hoxe. As temperaturas hoxe foron máis suaves ca en días anteriores e foi unha xornada ideal para gozar dun paseo ou dunha baixada en zorra. Os que mellor o pasaron foron os máis pequenos da casa, pero tamén os máis vellos tiveron un domingo diferente.
Había ganas de neve e o Cebreiro sempre é garantía dun domingo diferente.