CRTVG

Buscar

Un dispositivo patentado polo CHUAC evita operar algúns tumores rectais

Publicado o 16/06/2021 15:43

Unha patente deseñada polos cirurxiáns do Chuac evitará ter que operarse dalgúns tumores intestinais. O dispositivo que crearon permite extirpalos no momento do diagnóstico. O dispositivo pode evitar que moitos pacientes teñan que pasar por quirófano para eliminar tumores rectais. Créarono os cirurxiáns do Chuac para que a extirpación se faga no mesmo momento do endoscopia.

O dispositivo permite que o cirurxián entre coas súas ferramentas a axudar o endoscopista na eliminación dos tumores de peor acceso. Esta patente mundial está en fase de validación clínica en 5 hospitais españois. Está previsto que o dispositivo chegue ao mercado o ano que vén e o Sergas poderá adquirilo a prezo de custo por ter colaborado na súa creación.

Noticias web

16/06/2021