Un detido tras disolver a Policía un botellón de duascentas persoas en Vigo
A Policía Local de Vigo detivo un mozo que se resistiu á autoridade despois de que os axentes disolvesen un botellón en que participaban 200 persoas na praza da Estrela contra as tres da mañá. O sospeitoso mentiulles aos axentes sobre a súa identidade, xa que primeiro asegurou que era estranxeiro residente en Holanda e logo souberon que era uruguaio e que vivía en Vigo.
Os axentes chegaron ata a praza para dispersar os 200 participantes nun botellón nocturno con consumo de alcol na vía pública sen máscara e sen distancia de seguridade.
A maioría dos mozos que estaban na zona abandonaron o lugar, agás un grupo pequeno que se negou a marchar de alí. O detido enfrontouse aos axentes na comisaría. Insultounos e a un deles propinoulle supostamente unha patada nun xemelgo; por esa razón, arrestárono como presunto autor dun atentado á autoridade.