CRTVG

Buscar

O detido na Coruña intercambiaba pornografía de nenas moi pequenas

Publicado o 22/09/2019 20:15

• A operación remata coa detención de oito persoas en varias provincias | Un menor de idade baixo protección compartía material sexual del mesmo

Operación da Policía Nacional contra a pornografía infantil que se salda coa detención de oito persoas en varias provincias españolas. Unha das detencións foi na Coruña. O detido aquí na Coruña é un técnico electrónico, de 48 anos de idade, que intercambiaba pornografía infantil de nenas moi pequenas. Os axentes da Policía Nacional atoparon no rexistro do seu domicilio varios dispositivos ocultos con arquivos pedófilos.

A operación comezou grazas a un aviso da policía estadounidense en que advertía de que diferentes persoas en España estarían compartindo pornografía infantil nas redes. Un dos detidos, o máis activo, era un estudante sevillano de 28 anos que actuaba ademáis como líder e instrutor doutros pedófilos estranxeiros.

Administraba grupos moi pechados e moi valorados entre os pedófilos, aos que esixía condicións extremas para o seu acceso ao envío de imaxes de incestos reais. Amais dos oito detidos, nesta operación tres persoas foron imputadas e un menor de idade posto baixo protección, xa que compartía material sexual protagonizado por el mesmo.

Noticias web

22/09/2019