Un detido en Londres por acoitelar un home no interior dunha mesquita
Publicado o 20/02/2020 18:15

Un home foi detido este xoves no centro de Londres despois de acoitelar unha persoa no interior dunha mesquita da capital británica, segundo confirmou a Policía Metropolitana, precisando que está acusado de intento de homicidio. Os feitos producíronse pouco despois das 15.00 horas na Mesquita Central de Londres, situada en Regent' s Park. O ferido, que sería o 'muecín' da mesquita, foi trasladado ao hospital, segundo Sky News. Polo momento non hai máis detalles sobre a identidade do detido. A Policía Metropolitana limitouse a sinalar que se abriu unha investigación dos feitos.