Un detido como presunto autor da morte dunha muller en Sevilla
Publicado o 27/05/2021 12:37

A Policía Nacional detivo un home tras a morte violenta dunha muller na súa casa de Sevilla. A vítima tiña 65 anos, vívía soa e precisaba dunha cadeira de rodas para moverse.
O presunto autor do asasinato, de 43 anos, é un familiar do exmarido da vítima, que morrera tempo atrás. O corpo da muller foi trasladado ao Instituto Anatómico Forense, onde se lle vai practicar a autopsia.