Un destacamento da UME está despregado en Figueirido para apoiar as brigadas contra os incendios
Publicado o 12/08/2021 22:26

Para apoiar as brigadas contra os incendios da Xunta está despregado en Figueirido dende o 1 de agosto un destacamento da Unidade Militar de Emerxencias, a UME.
Polo momento aínda non tiveron que intervir, pero están preparados para facelo cando se neceite. Son vinte militares e oito vehículos cunha operatividade de 24 horas ao día e que traballan nos grandes incendios, especialmente nos que hai perigo para as persoas. Fano así dende 2007.