CRTVG

Buscar

Soldados da Brilat de Pontevedra desinfectan unha vivenda comunitaria de maiores en Vigo

Publicado o 12/04/2020 17:30

E de novo hoxe vimos o exército en Vigo. Un destacamento da Brilat de Pontevedra desinfectou esta pequena vivenda comunitaria de maiores na rúa Urzáiz. Nos balcóns recibíanos con esta alegría os residentes e tamén os seus coidadores.

Estes merecen unha mención á parte. Confináronse cos seus anciáns hai 17 días, ata hoxe, o día en que os van remudar. Foi a fórmula do éxito para que aquí ninguén enfermase da COVID-19.

Un veciño da rúa, en agradecemento ao traballo dos militares, regaloulles un roscón de Pascua caseiro.

Noticias web

12/04/2020