CRTVG

Buscar

Un desprendemento en Crecente obriga a desviar trens da liña Monforte-Vigo

Publicado o 11/12/2020 19:33
Un desprendemento en Crecente obriga a desviar trens da liña Monforte-Vigo

Un desprendemento en Crecente obrigou a desviar os trens da liña entre Monforte e Vigo, informou Renfe ao 112 Galicia.

O desprendemento produciuse sobre as 16.00 horas deste venres na Frieira, e produciu danos na vía férrea e na súa contorna. 

Axentes da Policía Local de Crecente procederon a balizar a zona como medida de protección mentres os técnicos tratan de restaurar as condicións adecuadas para restablecer o tráfico ferroviario nesa zona.