CRTVG

Buscar

Un desprendemento de terra provoca cortes de auga no barrio vigués de Coia

Publicado o 15/10/2019 13:46

Unha enorme fochanca na rúa A Guarda foi unha das consecuencias da intensa chuvia rexistrada nas últimas horas en Vigo. Desprendeuse a terra e segundo os veciños houbo un problema coas canalizacións. Algúns puntos do barrio como o recinto da parroquia do Cristo da Vitoria anegáronse.

Os veciños din que estes problemas se repiten con frecuencia. Ademais dos asolagamentos os veciños tamén se viron afectados por un corte de auga que lles xerou numerosos trastornos. Os habitantes desta zona de Coia solicitan que se repare toda a rúa para evitar este tipo de problemas. 

Técnicos do Concello e de Aqualia trasladáronse ao lugar para reparar as canalizacións e arranxar o punto afectado polo desprendemento.

Noticias web

15/10/2019