CRTVG

Buscar

Un despedimento en Ourense motiva a primeira sentenza en España de discriminación por aparencia de discapacidade

Publicado o 16/04/2021 13:17

A Sala do Social do Tribunal Superior anula o despedimento dun traballador en Ourense e condena o seu patrón a que o readmita de inmediato e a pagarlle os salarios que deixou de percibir desde xullo pasado.

Todo iso cunha sentenza pioneira en España. O tribunal considera acreditado que o empresario vulnerou a prohibición de discriminar por aparencia de discapacidade ao despedir un empregado o mesmo día que sufriu un accidente laboral, despois de visitalo no hospital e comprobar que non lle darían a alta nun prazo curto.

O seguinte que fixo, o mesmo día, foi dalo de baixa na Seguridade Social. Pasoulle a un repartidor que foi atropelado nun paso de peóns, mentres traballaba, na rúa ourensá Ramón Puga hai nove meses. A súa avogada di que se fixo xustiza cun indefenso. A sentenza afirma que a conexión temporal entre o accidente, a visita ao hospital e o despedimento é tan forte que non cabe ningunha outra conclusión que esta; a aparencia de discapacidade que creu o empresario foi a causa do despedimento.

Noticias web

16/04/2021