Un de cada cen nenos nace con autismo
A Candela gústalle coñecer xente, pero non manter unha conversa. Hoxe está contenta porque foi de excursión a Santiago cos seus compañeiros da Braña, un centro da Estrada onde viven e traballan persoas con autismo.
A Jimmi a excursión teno aínda emocionado. Repite a ruta unha e outra vez e non consegue concentrarse.
Lucía Cacheda Pérez, psicóloga da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno Autista APACAF: "As persoas con autismo a dificuldade que teñen é a comunicación e os intereses restrinxidos. Nos adultos pasa o mesmo, o que pasa é que levan moitos anos de aprendizaxe, van acomodando as súas vidas e están máis estables".
Hai máis de trinta anos que a Asociación de Pais de Persoas Autistas APACAF abriu este centro da Braña. Nel os adultos afectados polo trastorno traballan para mellorar as súas habilidades e ser o máis autónomos posible.
Antonio Fariña Rey, coordinador de Programación no centro da Braña: "A inserción laboral é realmente unha utopía. Estamos falando dun colectivo dun espectro amplo dende persoas cunha lixeira afectación ata casos como nós que son gravemente afectados. Estarían na parte baixa do escalafón e aí é moito máis complicado. Son xente que nin sequera pode comprender o concepto do diñeiro, non saben manexar iso".
A Candela fascínaa bailar e escoitar música. O seu amigo César é fan de Gayoso dende que foi ao Luar. Hoxe están felices de que o mundo lles preste un pouco de atención.