Un cribado masivo en Mos convoca 3.000 veciños para realizar probas PCR
Os veciños de Mos están chamados, dende hoxe pola tarde, a participar de forma voluntaria nun cribado a través de proba PCR. Este cribado vaise realizar no hospital Meixoeiro.
O covid-auto do hospital Meixoeiro de Vigo ten xa todo preparado para comezar esta tarde un cribado aos veciños de Mos. Están chamados a participar 3.000 dos 15.000 que forman a súa poboación total.
Para poder someterse á proba hai que ter entre 18 e 60 anos e non ter realizada ningunha proba PCR nas últimas dúas semanas. Este cribado ten un afán preventivo para avaliar a incidencia do virus durante o Nadal e detectar posibles casos asintomáticos.
Nidia Arévalo, alcaldesa da localidade, anima os veciños de Mos convocados que realicen a proba para coñecer así a situación do coronavirus no concello.