Un congreso internacional na Coruña enxalza a figura de Emilia Pardo Bazán
Participan máis dun cento de expertos internacionais na figura de Emilia Pardo Bazán procedentes de corenta universidades de todo o mundo. Un congreso que busca achegar á sociedade a vida, a obra e o pensamento dunha escritora galega e universal do século XIX que segue sendo profundamente moderna en pleno século XXI.
Defensora da educación, da tolerancia e do papel da muller nunha sociedade que lle quedaba pequena. Emilia Pardo Bazán foi unha adiantada ao seu tempo.
É unha das grandes novelistas do século XIX, pero tamén unha gran escritora de crónicas xornalístas, de moda ou gastronomía e de contos. Unha das facetas máis descoñecidas que este congreso quere sacar á luz.
Toda unha homenaxe coa que se quere saldar a conta pendente que Galicia ten coa súa escritora universal no centenario do seu pasamento.
O congreso incluirá unha ofrenda floral ante o monumento a Dona Emilia nos xardíns de Méndez Núñez e tamén unha visita ás Torres de Meirás, onde escribiu parte da súa obra.