CRTVG

Buscar

Un condutor sae ileso tras impactar co seu vehículo contra unha casa deshabitada en Salamanca

Publicado o 13/07/2020 09:10
Un condutor sae ileso tras impactar co seu vehículo contra unha casa deshabitada en Salamanca

Un condutor quedou ileso tras saír da vía e meterse co seu coche nunha casa deshabitada.

O accidente aconteceu contra as sete da mañá do domingo na rotonda de acceso ao municipio salmantino de Cabrerizos.

O accidente só se saldou con danos materiais. O condutor, de 31 anos, foi dado de alta no lugar porque non sufriu feridas.