CRTVG

Buscar

Un condutor queda durmido e bate de fronte con outro vehículo en Pontecesures

Publicado o 03/09/2020 08:41

Esta mañá o tráfico estivo cortado en Pontecesures. Foi por mor dun accidente na estrada nacional que cruza a vila. Ao parecer, un rapaz que saía á mañanciña de traballar quedou durmido e bateu frontalmente con outro vehículo que viña en dirección contraria. Non houbo vítimas mortais, pero os dous condutores están feridos. Aínda non se sabe con seguridade cal é o seu estado, pero as feridas, en principio, non eran de gravidade.

Noticias web

03/09/2020