CRTVG

Buscar

Un condutor de autobús salva a vida dun home en Neda cun desfibrilador portátil

Publicado o 25/06/2021 14:38

O concello de Neda conta cun novo heroe. É un condutor de autobús que salvou a vida dun home grazas ao desfibrilador que leva sempre no vehículo e, por suposto, á súa rápida intervención, porque os primeiros dez minutos logo dun paro cardíaco son os máis importantes.

Guillermo estaba facendo a súa ruta sen sospeitar o que lle agardaba nesta parada de Neda. Ao pouco de chegar, un home aparcou detrás del e unhas mulleres que estaban paseando pola zona decatáronse de que non se atopaba ben. Non levaban teléfono móbil para alertar os servizos de urxencias, así que axiña foron canda Guillermo.

E comezou as manobras da masaxe de reanimación cardiopulmonar, a RCP, ata que chegou a ambulancia. Non esquece o intensos que foron eses dez minutos, pero di que conseguíu manter a calma en todo momento. O home segue recuperándose no CHUAC, xa en planta, grazas ao desfibrilador que Guillermo leva no seu autobús, pero sobre todo, á súa rápida intervención porque os primeiros dez minutos dun paro cardíaco son primordiais para salvar a vida dun paciente.

Noticias web

25/06/2021