Un condutor de ambulancia deu positivo en cocaína nun control en Ribeira
Publicado o 08/02/2020 21:52
Un condutor dunha ambulancia do 061 deu positivo nun control de drogas en Ribeira. A Garda Civil de tráfico de Santiago detectou o infractor cando realizaban un control rutineiro de condución baixo os efectos de bebidas alcohólicas ou substancias estupefacientes.
O condutor da ambulancia deu positivo en consumo de cocaína e anfetamina, polo que os axentes inmobilizaron o vehículo ata que chegou outro condutor.
No momento que lle fixeron as probas, non levaba ningún enfermo na ambulancia.