Un condutor circula en dirección contraria pola autovía A-55
Publicado o 17/10/2021 21:25
Un home despistado circulaba esta mañá pola autovía A-55 cara a Vigo en dirección contraria. Outro condutor gravou como o resto de vehículos tiñan que esquivalo. Ante as súas advertencias, mediante avisos tanto visuais e sonoros, o home freou o coche e logrou xirar cara a unha das saídas desta autovía. Por sorte, todo quedou nun susto, pero o seu descoido puido acabar en traxedia.