Un concello novo adianta a Betanzos á hora de "cravar" o resultado das eleccións
• A vila do Mandeo votou en consonancia coa media de Galicia nas últimas tres xerais, pero o domingo pasado non foi así. Xa coñecemos o seu subtituto.
As eleccións do 10 de novembro trouxeron algúns cambios con respecto ás de abril en Galicia. E un deles afecta directamente o que estaba considerado ata o de agora o 'Ohio galego', o concello que mellor arremedaba o resultado global das eleccións en Galicia.
Betanzos 'calcou' os resultados das xerais en 2015, 2016 e en abril de 2019, pero 'patinou' na convocatoria do 10-N. En primeiro lugar, porque nese concello gañou o PSOE, mentres que no conxunto de Galicia o vencedor é o PP.
Así pois, toca saber cal é o municipio que ostenta agora ese 'privilexio'. Para dar con el, hai que facer unha serie de cálculos.
O primeiro de todo, eliminar os concellos que ofrecen resultados moi distorsionados coa media. Despois, quitar os municipios que non acertasen a orde en que quedaron os principais partidos. E finalmente, ver entre os restantes cal ten o menor desfasamento.
Se queres saber o resultado da nosa investigación, terás que velo ao final do vídeo que acompaña esta noticia.