CRTVG

Buscar

Un coello doméstico, a única vítima dun incendio nun céntrico edificio da Coruña

Publicado o 21/10/2021 20:06

Vaia susto levaron este mediodía os veciños dun céntrico edificio da Coruña. Por causas que se investigan, ardeu un cuarto do sétimo piso dun inmoble. Por sorte, non houbo feridos, pero no incendio morreu un coello doméstico a causa do intenso fume que se formou.

Os bombeiros ordenáronlles aos ocupantes de pisos superiores que non saísen dos seus domicilios mentres que desaloxaron o resto. Algúns dos residentes necesitaron asistencia sanitaria polo pánico que sufriron.

Noticias web

21/10/2021